Panagiotis Lafazanis (en grego:Παναγιώτης Λαφαζάνης), nado en Elefsina o 19 de novembro de 1951, é un político grego, dirixente do partido político Unidade Popular.

Traxectoria Lafazanis estudou matemáticas na Universidade de Atenas mais non chegou a graduarse, militou no Partido Comunista de Grecia ata a formación do Synaspismos en 1992, onde serviu como membro do seu Secretariado Político. Entrou por vez primeira no parlamento no ano 2000, reelixido en 2004 e como membro de Syriza en 2009, reelixido en 2012 e 2015. Foi o voceiro de Syriza no parlamento entre 2012 e 2014. Trala vitoria de Syriza en 2016 foi ministro de Reconstrución Produtiva, Medio Ambiente e Enerxía no goberno de Alexis Tsipras entre o 27 de xaneiro e o 17 de xullo de 2015.

Lafazanis foi dirixente da corrente esquerda de Syriza, distanciándose da liña máis moderada do líder do partido Alexis Tsipras, opoñéndose á Troika, ao neoliberalismo e ao mesmo capitalismo, así como á continuidade de Grecia no euro, describindo á Unión Europea como totalitaria. O 11 de xullo de 2015 mostrou a súa discnformidade co goberno de coalición de Syriza e Gregos Independentes, absténdose na votación sobre as novas medidas de austeridade para un novo rescate financeiro da Eurozona. Pouco despois cesou no goberno e algo despois a corrente esquerda pasou a converterse nun novo partido, Unidade Popular

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Mandatos de Panagiotis Lafazanis no Parlamento Helénico (inglés)

Categoría:Nados en 1951 Categoría:Nados na periferia de Ática Categoría:Deputados de Grecia Categoría:Ministros de Grecia Categoría:Alumnos da Universidade de Atenas