Joseph Hill «Joss» Whedon nado o 23 de xuño de 1964 en Nova York, é un director e guionista estadounidense. Traballou en televisión como director, produtor executivo e creador de varias series, sendo coñecido especialmente o seu traballo en Buffy the Vampire Slayer. En banda deseñada o seu traballo máis difundido realizouno dende 2004 en Astonishing X-Men. Despois de traballar tamén como guionista para o cine, en 2012 dirixiu a súa segunda película, The Avengers, a primeira foi Serenity, continuación da serie para televisión Firefly.
Categoría:Guionistas dos Estados Unidos de América Categoría:Guionistas de banda deseñada Categoría:Compositores dos Estados Unidos de América Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1964