A Maruxaina é un personaxe da mitoloxía galega con forma de serea, metade peixe, metade muller de cabelo louro, que vive na cova de Xan Vello, nas illas Farallóns de Cervo.

A Maruxaina, protectora dos mariñeiros A serea vive na cova de Xan Vello, no o illote da Sombriza do arquipélago dos Farallóns, na costa de San Cibrao, do concello lugués de Cervo. Dise que pasa o tempo fiando con febras de liño e que, cando sabe que vai vir temporal, sobe ata o curuto máis alto da Sombriza e ponse a tocar o corno ou a berrar para advertir os mariñeiros que non deben ir ó mar.

A Maruxaina que engana ós mariñeiros Pero tamén corre a lenda antitética da anterior, segundo a cal a Maruxaina é unha ninfa que atrae cos seus cantos e coa súa enfeitizadora fermosura ós mariñeiros para que naufraguen ó encallar nas rompentes das illas e morran.

Semella unha princesa que chama polos mariñeiros. Coa súa fermosura, coa súa doce voz e simpatía atrae ós mariñeiros da vila que, cegados polo espellismo, son arrastrados a un naufraxio seguro mentres ela ri satisfeita, compracida por aquel insaciado desexo que castiga a todo o pobo.

miniatura|Porto de San Cibrao, a carón da praia do Torno.

Cansos de tanta morte, os mariñeiros de San Cibrao acordaron acabar coa serea. Unha noite sen lúa, para evitar que ó mirala puidesen sucumbir ós seus encantos, saíron ó mar na súa busca tras apagar tódalas luces da vila coa mesma idea de que non houbese luz ningunha. Do mesmo xeito, fixeron sonar cornos e bucinas de forma que fose imposible escoitar os cantos e lamentos da Maruxaina.

Aínda que esta empregou cantos recursos e feitizos coñecía, de nada lle valeron. Os mariñeiros, que na escuridade da noite case non podían vela, e co ruído das cornas case non sentían os seus cantos, puideron por fin apresala e conducila a San Cibrao. A viaxe de regreso, xa coa serea encadeada, fixérona con tódalas luces acesas e facendo sonar as bucinas, no medio dunha grande algarabía de satisfacción.

Xa na vila, xulgárona e condenárona sen atender ós seus intentos de xustificar a súa conduta, e Maruxaina foi queimada na praza maior.

Festa da Maruxaina

Desde 1985, San Cibrao celebra estes feitos no segundo sábado de agosto. Os mariñeiros engalanan os seus barcos e saen ó mar, e fan soar as bucinas dos seus barcos facendo grande estrondo. De regreso acenden as luces dos barcos e xa na praza maior xulgan a serea Maruxaina establecendo dous bandos: uns que a defenden e outros que a acusan. Ó final dítase a sentenza absolutoria -que adoita ser o máis frecuente- ou condenatoria.

Outros aspectos da lenda miniatura|250px|Paíño europeo Dunha forma similar ó que se busca facendo mención ó Coco ou ó home do saco, en San Cibrao utilízase a figura da Maruxaina para corrixir o mal comportamento dos nenos. Díselles que se non se portan ben, virá a Maruxaina e levaraos con ela ós Farallóns.

Cuba engade que hai unhas aves mariñas, semellantes ós paíños, que veñen terra dentro cando se aproxima un temporal e que se coñecen como maruxainas. Os mariñeiros, cando ven este comportamento, evitan saír a pescar. O etnógrafo descoñece a especie que tal fai pero lembra que as sereas dos mitos clásicos eran orixinariamente aves e que só na Idade Media comezaron a representarse como mulleres con medio corpo de peixe.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Outros artigos Serea Mitoloxía galega Illas Farallóns

Categoría:Mitoloxía galega