A igrexa parroquial de Santiago de Bembrive é un templo católico de estilo románico de transición, situado na parroquia de Santiago de Bembrive. É unha das tres igrexas románicas do concello de Vigo xunto coa igrexa de Santa María de Castrelos e mais a igrexa de San Salvador de Coruxo.
Construción Foi construída a finais do século XII e principios do XIII. Pode ser adscrita ó Mestre Rodrigo segundo se desprende dunha inscrición datada sobre 1185, inda que tamén se conserva outra de 1223. A igrexa sufriu varias modificación o longo da historia.
Elementos Consta dunha soa nave e ábsida, de forma semicircular por dentro e pentagonal por fóra. A nave está dividida en tramos de dous arcos transversais apoiados sobre semicolumnas acaroadas. O arco triunfal é de directriz apuntada ó igual có secundario e ambos apoian sobre semicolumnas. O presbiterio cóbrese con bóveda de canón mentres o polígono no que termina a ábsida faino con bóveda de cascarón. Ten dúas portas laterais e unha na fachada principal, de arquivoltas lixeiramente apuntadas sobre columnas en xambas. Tamén conserva un variado repertorio de canzorriños.
Devoción
O 25 de xullo, celébrase a festa na honra de Santiago o Maior, patrón da parroquia.
Galería de imaxes miniatura|200px
Notas
Véxase tamén
Bibliografía (1978). "Iglesias Románicas en el Municipio de Vigo", Madrid, en Vigo en su Historia, 1980, Vigo: Caja de Ahorros Municipal de Vigo. p. 133-140. ISBN 84-7231-494-4.
(1995). Itinerario escolar polas igrexas románicas de Vigo, Vigo, Concello de Vigo, Patrimonio Histórico e Medio Ambiente. ISBN 84-87637-20-5. . Las rutas del románico en la provincia de Pontevedra, 1978.
Outros artigos Arquitectura románica en Galicia Ligazóns externas Igrexa Románica de Bembrive en Turismodevigo.org Igrexa Románica de Bembrive na páxina do Concello de Vigo
Bembrive Bembrive Bembrive Categoría:Bens de Interese Cultural de Vigo Categoría:Bembrive, Vigo Bembrive