O dragón de Komodo (Varanus komodoensis) é unha especie de lagarto que vive nas illas de Komodo, Rinca, Flores, Gili Motang e Gili Dasami, en Indonesia central. É un membro da familia dos varanos (Varanidae), e é a especie máis grande vivente de lagartos; que acada unha medida de dous a tres metros e pesa aproximadamente setenta quilogramos. A súa medida infrecuente atribúese ó xigantismo insular, xa que non hai outros animais carnívoros que poidan cubrir o nicho das illas onde viven, e tamén ó ritmo metabólico baixo do dragón de Komodo. Como resultado do seu tamaño, estes lagartos son depredadores alfa, e dominan os ecosistemas onde habitan. Malia que os dragóns de Komodo se alimentan principalmente de prea, tamén emboscan e cazan presas, incluíndo invertebrados, aves e mamíferos.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina sobre o dragón de Komodo en Nature.ca

Categoría:Varánidos Categoría:Animais descritos en 1912