Ognjen Kuzmić (en serbio cirílico: Огњен Кузмић), nado o 16 de maio de 1990 en Doboj, República Socialista de Bosnia e Hercegovina (Iugoslavia), é un xogador profesional de baloncesto serbio que xoga no Real Madrid da Liga ACB e Euroliga. Tras ser drafteado na segunda rolda do draft de 2012 polos Golden State Warriors, conseguiu gañar o anel de campión da National Basketball Association (NBA) en 2015 co equipo californiano. Cunha altura de 2,13 m, xoga na posición de pivote.
Traxectoria Kuzmić foi elixido na 52ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Golden State Warriors, equipo co que asinou un ano máis tarde, o 27 de setembro de 2013.Warriors Sign 2012 Second Round Pick Ognjen Kuzmic to Contract Durante as dúas tempadas nos Warriors, foi asignado en varias ocasións ós Santa Cruz Warriors, afiliado de Golden State na NBA D-League.
O 26 de xuño de 2017, Kuzmić asinou un contrato de dous anos co Real Madrid da Liga ACB.
O 3 de xullo de 2019, Kuzmić asinou un contrato de dous anos co KK Crvena zvezda da ABA Liga.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Basketball-Reference.com Perfil en ACB.com
Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados na República Serbia Categoría:Xogadores de baloncesto de Serbia Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores do CB Málaga Categoría:Xogadores do CB Axarquía Categoría:Xogadores do Joventut Badalona Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores do Panathinaikos BC Categoría:Xogadores do KK Crvena zvezda Categoría:Xogadores do Real Madrid Baloncesto