A Iolana iolas é un lepidóptero glossata da familia Lycaenidae. Atópase en Marrocos, Alxeria, sur de Europa (dende a Península Ibérica até os Balcáns), Turquía e Irán. Malia a súa ampla distribución, habita en redutos illados e sempre en escaso número. Ademais, o seu hábitat na Península Ibérica redúcese a zonas con presenza da súa principal planta nutricia Colutea arborescens. Estes factores fixeron que se incluíse no Libro Vermello de Lepidópteros da Península Ibérica, na categoría de perigo de extinción (EN) e na Lista Vermella Europea de Especies Ameazadas co status case ameaza (NT).
Notas
Categoría:Lepidópteros Categoría:Animais descritos en 1816