Tapiz da Creación (en ) tamén chamado Tapiz de Xirona (en ), é un bordado do século XI ou de comezos do XIIPalol, Pere de, (1992) páx.86Rudloff, Diether, (2007), páx. 177 que se atopa no Museo Capitular da Catedral de Xirona. É único no seu xénero e a peza máis importante de tódalas de arte téxtil románica que se conservan, só comparable ó Tapiz de Bayeux como un testemuño da pintura á agulla da época románica.Bracons Clapés, Josep (2000), páx. 124 De 358 cm de altura por 450 cm de largura, está bordado con las de cores e ten unha xustificada fama universal e atrae constantmente a atención dos estudosos pola riqueza do seu contido temático e iconográfico. Amosa unha sinfonía sobre a creación do mundo e a estadía do home no Paraíso, e unha coroa cósmica na cal os elementos da natureza arrodean a figura central de Xesucristo.

A obra foi exposta fóra da catedral en dúas ocasións: no ano 1888 na Exposición Universal de Barcelona e posteriormente en 1892 en Madrid.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Catedral de Xirona

Categoría:Arte románica Categoría:Arte de Cataluña