Artemisia Lomi Gentileschi, nada en Roma o 8 de xullo de 1597 e finada en Nápoles contra 1654, foi unha pintora caravaggista italiana coñecida como Artemisia. Filla do pintor toscano Orazio Gentileschi (1563-1639) , viviu na primeira metade do século XVII. Agostino Tassi foi o seu mestre de debuxo.
O seu pai, seguidor do naturalismo tenebrista de Caravaggio,Mujeres artistas de la historia, Michelle Brugués Widner, dDONA, páxs. 76-77, abril-maio 2011, B-4987-2006 cedeulle en herdanza o seu obradoiro, e influíuna cunha forte acentuación dramática, produto das obras de Caravaggio e cargada de efectos teatrais. Este elemento estilístico contribuíu á difusión do caravaggismo en Nápoles, cidade á cal se trasladou en 1630.
Obra Artemisia era a súa propia axente e administradora da súa obra, na que predominan as mulleres-símbolo, como por exemplo Lucrecia, Batxeba, Xudite ou Cleopatra, enfocadas dende un punto de vista feminino. Por exemplo, no seu cadro Susana e os vellos, un nu que pintou con dezasete anos, non escolle como era habitual o intre do baño de Susana, senón no que marcha arrepiada polas olladas luxuriosas dos vellos.
Outro exemplo é a súa Xudite en Xudite decapitando Holofernes, nin nova, nin vulnerable ou feble, senón unha muller forte de mediana idade concentrada e que sabe o que fai, e que ademais é axudada por unha criada cómplice. A súa experiencia vital tivo unha grande influencia na súa produción. Tivo predilección por temas que xa pintaban Caravaggio, Rembrandt e Rubens.
Recoñecemento O documental Artemisia Gentileschi, la pintora guerrera recupera a súa figura.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Biografía de Artemisia
Categoría:Nados en Roma Categoría:Nados en 1597 Categoría:Finados en 1654 Categoría:Pintores de Italia Categoría:Pintores do Barroco