O Auriense Campus da Auga FG é un equipo de fútbol gaélico formado no ano 2014 na cidade de Ourense. Está asociado á Asociación Galega de Fútbol Gaélico e compite na Liga Galega de Fútbol Gaélico, na Copa Galega de Fútbol Gaélico e no Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico. Xunto con Afiadoras FG, equipo que compite na Liga Gallaecia, conforman a asociación Ourense Gaels.
Historia Nace no 2014, ano no que comeza a participar na Liga Galega de Fútbol Gaélico o equipo feminino. Compite na segunda edición da Liga Galega e na Copa Galega de Fútbol Gaélico. Un ano despois, na temporada 2015/2016, o equipo masculino únese a dita liga.
Os equipos do Auriense F.G. xogan os seus partidos coma locais no Campo Universitario de herba sintética do Campus de Ourense (Universidade de Vigo).
Clasificación Feminina 2014/2015 7º Liga Galega de Fútbol Gaélico
3º Copa Galega de Fútbol Gaélico 15px (combinado con Mecas FG)
7º Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico
2017/2018 4º Liga Galega de Fútbol Gaélico
4º Copa Galega de Fútbol Gaélico
2º Copa Shield do Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico 15px
2018/2019 5º Liga Galega de Fútbol Gaélico
2020/2021 1º Liga Galega de Fútbol Gaélico
Clasificación Masculina 2014/2015 6º Copa Galega de Fútbol Gaélico
19º Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico
2017/2018 5º Liga Galega de Fútbol Gaélico
7º Copa Galega de Fútbol Gaélico
1º Copa Shield do Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico 15px
2018/2019 4º Liga Galega de Fútbol Gaélico miniatura|Equipos feminino e masculino do Auriense Campus da Auga, en marzo de 2019
Uniforme Uniforme titular: Camisola con franxas negras e douradas. Pantalón negro. Medias negras.
Xogadores/as Cadro Feminino 2014/15 Datos do 1 de xullo de 2015.
12px|Capitán Capitán
Cadro Feminino 2018/19 Datos do 30 de marzo de 2019.
12px|Capitán Capitán
Cadro masculino 2018/19 Datos do 30 de marzo de 2019
12px|Capitán Capitán
Divulgación do fútbol gaélico na provincia O Auriense FG foi anfitrión de eventos de grande importancia para o fútbol gaélico galego. En maio de 2016, organizou en Xinzo de Limia a I Copa Galega de Fútbol Gaélico, co campo da Moreira como sede. Foi unha xornada en que participaron 16 equipos: 9 masculinos e 7 femininos. Acadou a vitoria feminina o equipo de Irmandinhos A Estrada e a masculina o Estrela Vermelha FG de Compostela.
Nese mesmo ano, o fútbol gaélico fíxose un oco na programación das festas de Ourense. Celebrouse o I Torneo Festas de Ourense de Fútbol Gaélico, en que tanto o trofeo feminino coma o masculino foron para o equipo de Herdeiros de Dhais de Lalín.
En marzo de 2017 tivo lugar en Ourense unha xornada amigable entre a Selección Galega de Fútbol Gaélico e a selección francesa. Tratouse dun feito histórico, xa que foi o primeiro partido de fútbol gaélico televisado en directo fóra de Irlanda, neste caso na Televisión de Galicia. O resultado do partido feminino foi un empate a 28 puntos e o encontro masculino deulle a vitoria á selección francesa.
En setembro de 2018 celebrouse no Campo Municipal de Oira (Ourense) a Copa Empoderadas. Este torneo, incluído nas actividades da Romaxe Feminista de Barbadás, tiña como obxectivo unha maior visibilidade do deporte feminino. Xunto co Auriense Campus da Auga FG, os equipos femininos de Keltoi GAC e Irmandinhos A Estrada competiron pola copa, a cal finalmente gañou o equipo local.
Corpo técnico +CargoTécnicoAdestrador do equipo masculinoMiguel Rodríguez RodríguezAdestrador do equipo femininoJacobo Dorribo Dacuña
Notas
Categoría:Equipos de fútbol gaélico de Galicia Categoría:Deporte en Ourense