O coreano do Pacífico ou mendo do PacíficoLahuerta e Vázquez (2000), p. 81., Glyptocephalus zachirus, é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos pleuronectinos, unha das tres recoñecidas actualmente no xénero Glyptocephalus.

Trátase dunha especie de importancia comercial, que se captura ao longo das costas do Pacífico, desde a Baixa California (México) até as dos Estadou Unidos, a Columbia Británica (Canadá) e Alasca e a través do mar de Bering, até as costas de Rusia e o mar do Xapón.Glyptocephalus zachirus Lockington, 1879 en FishBase.

Taxonomía A especie foi descrita en 1879 polo zoólogo inglés William Neale Lockington.Glyptocephalus zachirus Lockington, 1879 no WoRMS.

Sinónimos Ademais de polo seu nome orixinario, e actualmente válido, a especie foi coñecida ao longo do tempo polo sinónimo Errex zachirus (Lockington, 1879).

Nome específico O nome específico, zachirus, deriva do grego antigo ζα- za- "moi", e χείρ cheír, "man" (no sentido de "aletas grandes"), coa desinencia latina -us, indicando substantivo masculino.

Descrición Esta especie é un peixe plano cos dous ollos situados no lado dereito do seu corpo ovalado, que pode acadar unha lonxitude máxima de 60 cm, aínda que os exemplares pescados roldan os 36 cm. O peso máximo rexistrado foi de 2 kg.Fadeev, N. S. (2005): Guide to biology and fisheries of fishes of the North Pacific Ocean. Vladivostok, TINRO-Center.

A súa columna vertebral está formada por de 62 a 65 vértebras. A aleta dorsal presenta de 87 a 110 raios, e a anal, de 78 a 93. A aleta dorsal orixínase á altura da metade do ollo superior. A marxe posterior da aleta caudal forma un 'V'. A aleta pectoral do lado pigmentado é moi longa (ao que alude o seu nome específico).

Hábitat, bioloxía e usos

É un peixe mariño, demersal, que vive a profundidades de entre os 0 e os 900 m, usualmente entre os 61 e os 500 m, en augas temperadas do Pacífico norte, entre os 67° N e os 31° N.

É unha especie de lento crecemento, que vive en fondos areosos ou lamacentos. Xeralmente desbotada polos arrastreiros, aínda que ás veces utilízase como fertilizante. A súa carne considérase saborosa. Comercialízase en fresco ou conxelado, e consómese cocido ao vapor, frito, asado no forno e en forno microondas.

Captúrase nas áreas de pesca 61 e 67 (Pacífico noroeste e nordeste, respectivamente).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Cooper, J. A. & F. Chapleau (1998): "Monophyly and intrarelationships of the family Pleuronectidae (Pleuronectiformes), with a revised classification". Fish. Bull. 96 (4): 686-726. Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos Pleuronectiformes Pleuronéctidos Pleuronectinos Glyptocephalus

Ligazóns externas Glyptocephalus zachirus na Encyclopedia of Life. Glyptocephalus zachirus en ADW.

Categoría:Pleuronectiformes Categoría:Animais descritos en 1879 Categoría:Produtos da pesca