O Campionato Europeo de Fórmula 3 da FIA (en inglés: FIA European Formula Three Championship) é unha competición europea de Fórmula 3 organizada pola Federación Internacional do Automóbil.
Historia O campionato comezou no ano 1966 como Copa Europea das Nacións de Fórmula 3. Esta copa era unha soa carreira que se disputaba por nacións. En 1975, coa introdución dos monoprazas de 2000 cc esta copa converteuse neste campionato. No 1984 o campionato cancelouse e no ano seguinte reemplazouse pola Copa Europea de Fórmula 3, retornando ao sistema dunha carreira.
En 1987, a EFDA comezou un novo campionato europeo, as F3 Euroseries, pero estas series só duraron unha tempada. Outra vez, esta no ano 2003, intentáronse crear unhas series europeas denominadas tamén, Fórmula 3 Euro Series, que naceron da unión dos campionatos de Fórmula 3 de Alemaña e Francia.
A Fórmula 3 Euro Series finou no ano 2011 pero na tempada seguinte renaceu o Campionato Europeo de Fórmula. O soporte do campionato é o DTM.
Campións 1975-1984 Tempada Campión Equipo campión 1975 Larry Perkins Team Cowangie 1976 Riccasrdo Pattrese Trivellato Racing 1977 Piercarlo Ghinzani AFMP Euroracing 1978 Jan Lammers Racing Team Holland 1979 Alain Prost Oreca 1980 Michele Alboreto Euroracing 1981 Mauro Baldi Euroracing 1982 Oscar Larrauri Euroracing 1983 Pierluigi Martini Pavesi Racing 1984 Ivan Capelli Enzo Coloni Racing
2012-2018 Tempada Campión Equipo campión Novato campión 2012 Daniel Juncadella Non premiado Non premiado 2013 Raffaele Marciello Prema Powerteam Non premiado 2014 Esteban Ocon Prema Powerteam Esteban Ocon 2015 Felix Rosenqvist Prema Powerteam Charles Leclerc 2016 Lance Stroll Prema Powerteam Joel Eriksson 2017 Lando Norris Prema Powerteam Lando Norris 2018 Mick Schumacher Prema Powerteam Robert Shwartzman
Véxase tamén Outros artigos Fórmula 3 Fórmula 3 Euro Series Copa Europea de Fórmula 3 Trofeo Internacional de Fórmula 3
Ligazóns externas Páxina web oficial
Categoría:Competicións de Fórmula 3 Categoría:Competicións deportivas internacionais de Europa