Grace Jones, nada en Spanish Town o 19 de maio de 1948, é unha cantante, modelo, produtora e actriz xamaicana. Naceu en Spanish Town e criouse cos seus avós. Con 13 anos mudouse cos seus irmáns á casa dos pais en Syracuse, Nova York. Jones comezou a traballar como modelo, primeiro en Nova York e despois en París, traballando para Yves Saint Laurent, Claude Montana e Kenzo Takada, e aparecendo nas portadas de Elle, Vogue e Stern.
En 1977, Jones asinou un contrato co selo discográfico Island Records e coa axuda de Compass Point All Stars fixo música new wave en 1980. Acadou o Top 40 nas listas do Reino Unido con "Pull Up to the Bumper", "I've Seen That Face Before", "Private Life", "Slave to the Rhythm" e "I'm Not Perfect". Entre os seus álbums cóntanse Warm Leatherette (1980), Nightclubbing (1981) e Slave to the Rhythm (1985).
Tamén fixo aparicións en filmes de baixo orzamento na década de 1970 e comezos de 1980. O seu primeiro gran filme foi Conan o destrutor (1984) a carón de Arnold Schwarzenegger e Sarah Douglas, e posteriormente sairía no filme de James Bond 007: Panorama para matar. En 1986, interpretou a unha vampiro en Vamp, e actou e colaborou no filme de 1992 Boomerang.
Filmografía Como actriz Ano Título Papel Notas 1973 Gordon's War Mary 1976 Attention les yeux! Cuidy Quelli della Calibro 38 Ela mesma Sen acreditar 1978 Stryx Rumstryx Serie de televisión 1981 Deadly Vengeance Slick's girlfriend 1984 Conan o destrutor Zula 1985 007: Panorama para matar May Day 1986 Vamp Katrina 1987 Straight to Hell Sonya Siesta Conchita 1992 Boomerang Helen Strangé 1995 Cyber Bandits Masako Yokohama 1998 McCinsey's Island Alanso Richter Palmer's Pick Up Ms. Remo 1999 BeastMaster Nokinja Serie de televisisón. Episodio: "The Umpatra" 2001 Wolf Girl Christoph/Christine Telefilme Shaka Zulu: The Citadel The Queen Telefilme 2006 No Place Like Home Ela mesma 2008 Falco – Verdammt, wir leben noch! Waitress Chelsea on the Rocks Bev Documental
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Actores de Xamaica Categoría:Contraltos Categoría:Modelos femininas de Xamaica Categoría:Artistas de Island Records Categoría:Cantantes de Xamaica Categoría:Nados en Xamaica Categoría:Nados en 1948 Categoría:Cantantes en lingua francesa