O Baku Crystal Hall (en azerí: Bakı Kristal Zalı) é un pavillón multifuncional que está situado na cidade de Bacú, Azerbaidján.

Historia O Baku Crystal Hall foi construído entre agosto do ano 2011 e abril do 2012 co fin de albergar o Festival de Eurovisión 2012. O 2 de agosto de 2011 comezou a construción. O 5 de setembro do mesmo ano anunciouse que o futuro estadio contaría cunha capacidade para 25.000 persoas. O final da obra anunciouse para o 31 de marzo de 2012, pero por problemas meteorolóxicos atrasouse ao 16 de abril.

Usos Concertos O evento máis importante da historia do pavillón deuse en maio de 2012 ao se celebrar aquí o Festival de Eurovisión 2012. Nese mesmo ano, Jennifer Lopez, Shakira e Rihanna tamén celebraron concertos. En marzo de 2013, Beyoncé celebrou tamén un concerto.

Cultura O Baku Crystal Hall acolleu o 6º Campionato do Mundo de e-Sports en novembro de 2014.

Deporte O Baku Crystal Hall albergará os Xogos Europeos de 2015. Neste evento será anfitrión das competicións de boxeo, karate, taekwondo, esgrima e voleibol.

Véxase tamén

Ligazóns externas O Baku Crystal Hall na web do seu construtor

Categoría:Salas de concertos Categoría:Estadios de Azerbaidján Categoría:Xogos Europeos de 2015 Categoría:Edificacións de Bakú