Glyptocephalus é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos pleuronectinos.Glyptocephalus Gottsche, 1835 no WoRMS, propios das costas do norte dos océanos Atlántico e Pacífico.Froese, Rainer and Daniel Pauly, eds. (2012): Especies de Glyptocephalus en FishBase.
Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos, as especies deste xénero teñen o corpo aplanado, asimétrico, e cos dous ollos situados no lado pigmentado do corpo.
Taxonomía O xénero foi descrito en 1854 polo botánico alemán Carl Moritz Gottsche.
Etimoloxía O nome Glyptocephalus deriva dos elementos do latín científico glypto- derivado do grego antigo γλύφειν glýphein, "tallar", "esculpir", "gravar" (aquí co significado de "escarvar"), e -cephalus, forma masculinizada derivada do grego κεφαλή kephalé, "cabeza".Glyptocephalus cynoglossus en FishBase.Glyptocephalus Gottsche, 1835 en GBIF Backbone Taxonomy.
Sinónimo Ao longo do tempo este xénero foi coñecido polo sinónimo Errex Jordan, 1919.
Especies Segundo o WoRMS, e FishBase o xénero abrangue tan só tres especies: Xénero Glyptocephalus Glyptocephalus cynoglossus (Linnaeus, 1758) - mendo ou coreano.Lahuerta e Vázquez (2000), p. 81. Glyptocephalus stelleri (P. J. Schmidt, 1904) Glyptocephalus zachirus Lockington, 1879 - mendo do Pacífico ou coreano do Pacífico.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2. Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5. Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., edit.: European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, nº 50: pp. 357–374. ISBN 2-85653-538-0.
Outros artigos Pleuronectiformes Pleuronéctidos Pleuronectinos
Ligazóns externas Glyptocephalus en ADW. Glyptocephalus na EOL. Glyptocephalus no NCBI.
Categoría:Pleuronectiformes Categoría:Produtos da pesca