miniatura|Víctor Borisov-Musatov, Dama en randeeira, 1897, óleo sobre tela, Galería Tretiakov. Unha randeeira ou arrandeadoiro ten dous significados. Na primeira acepción que aparece no DIRAG equivale a bambán e na segunda é unha cadeira cuxos pés están unidos a barras en forma de arco que permiten que a persoa sentada poida arrandear cara atrás e cara adiante.
Moitas persoas experimentan unha sensación de relaxación producida pola acción de balance. Ademais, a randeeira resulta cómoda porque o asento colócase automaticamente nunha posición na que o centro de gravidade da persoa está aliñado cos puntos de contacto, permitindo limitar os esforzos musculares do movemento corporal.
Historia Segundo un mito estadounidense, a randeeira sería inventada por Benjamin Franklin, aínda que ningunha nota da súa biografía o acredita. A orixe máis ben procede de Inglaterra no transcurso do século XVIII (arredor de 1725). A partir do século XIX, a randeeira comezou a ser fabricada por empresas de mobles, especialmente o taller de Duncan Phyfe, pioneiro en mobles de estilo Imperio en Nova York.
Galería
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Bambán Novo de Parmuíde
Categoría:Cadeiras