Thomas Nicholas "Tom" Meschery, nado Tomislav Nikolayevich Meshcheryakov (en ruso: Томислав Николаевич Мещеряков) o 26 de outubro de 1938 en Harbin, Manchuria (actual China), é un ex xogador e adestrador profesional de baloncesto ruso-estadounidense que desenvolveu toda a súa carreira na National Basketball Association (NBA). Foi seleccionado no sétimo posto da primeira rolda do Draft da NBA polos Philadelphia Warriors en 1961. Alí xogou durante seis temporadas, sendolle retirado o seu dorsal 14 na súa honra. Posteriormente, e antes da súa retirada, xoga durante catro temporadas nos Seattle SuperSonics. Foi o primeiro ruso en competir nunha liga profesional norteamericana. Tras a súa etapa deportiva, e téndose graduado en arte, foi profesor de instituto e un destacado poeta.
Traxectoria Infancia Nado na China, os seus pais foron emigrantes rusos que fuxiron da Revolución rusa de 1917. Posteriormente foron recolocados nun campo de internamento xaponés próximo á cidade de Tokyo durante a segunda guerra mundial. Ao acabar esta, os seus pais emigraron aos Estados Unidos, estabelecéndose en San Francisco, California.
Universidade Meschery xogou cos Gaels do Saint Mary's College, onde en 1960 foi elixido no terceiro equipo All-American.
Profesional Foi elixido o sétimo posto do Draft da NBA de 1961 polos Philadelphia Warriors onde coincidiu con Wilt Chamberlain, xogador a quen anos máis tarde adicaría un dos seus poemas. Meschery deixou aos Warriors anos despois de trasladarse o equipo a San Francisco en 1965, para volver á súa Filadelfia natal e xogar cos 76ers. Con todo os Warriors, con Meschery como un dos seus puntais, e coa chegada de Rick Barry, chegaron ás finais da NBA, perdendo precisamente cos 76ers. Tras a final asinou un contrato con Seattle SuperSonics, onde pasou catro tempadas, para retirarse en 1971. Nos seus 10 anos como profesional fixo unha media de 12,7 puntos e 8,6 rebotes por partido.
Nada máis retirarse fíxose coas rendas de adestrador dos Carolina Cougars, equipo da ABA, onde permaneceu unha tempada, cun balance de 35 vitorias e 49 derrotas.
Equipos Philadelphia Warriors (1961-1962) San Francisco Warriors (1962-1967) Seattle SuperSonics (1967-1971)
Logros Unha vez All-Star da NBA (1963). Número 16 retirado por Golden State Warriors.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil de Tom Meschery en Warriors History Estatísticas de Tom Meschery como xogador Estatísticas de Tom Meschery como adestrador
Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Adestradores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Philadelphia Warriors Categoría:Xogadores dos Philadelphia Warriors Categoría:Xogadores dos San Francisco Warriors Categoría:Xogadores dos Seattle SuperSonics Categoría:Nados en 1938 Categoría:Nados en Heilongjiang