Gary Alexander Neville, nado en Bury (Gran Manchester) o 18 de febreiro de 1975, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol inglés. Xogaba de defensa e actualmente é un dos adestradores da selección inglesa.
Traxectoria Neville pasou toda a súa carreira profesional no Manchester United, do que foi o seu capitán durante cinco anos, mais tamén foi internacional coa selección inglesa absoluta 85 veces. Co seu equipo gañou dúas copas da UEFA en 1999 e 2008 e 8 títulos da Premier League. Tras retirarse entrou como comentarista deportivo para a canle Sky Sports.eville spent his entire playing career at Old Trafford, making him a one-club man. At the time of his retirement in 2011, he was United's second longest serving player in the squad, behind his long-time team-mate Ryan Giggs. He made his international debut in 1995 and was first-choice right-back for club and country for more than ten years.
Adestrador O 2 de decembro de 2015 anunciouse a súa contratación polo Valencia CF, en substitución de Nuno Espírito Santo, cun contrato até xuño de 2016. O 30 de marzo de 2016 foi cesado, debido aos malos resultados, sendo substituído por Pako Ayestarán.
Persoal É irmán do tamén futbolista Phil Neville e de Tracey Neville, xogadora de netball.
Notas
Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados no Gran Manchester Categoría:Futbolistas de Inglaterra Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Manchester United FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Inglaterra Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Adestradores de fútbol de Inglaterra Categoría:Adestradores do Valencia CF Categoría:Adestradores da selección de fútbol de Inglaterra