En bioloxía molecular, o dominio de cohesina é un dominio proteico. Interacciona cun domino complementario denominado dominio dockerina. A interacción cohesina-dockerina é a interacción fundamental necesaria para a formación do complexo no celulosoma de certas bacterias (o celulosoma é un complexo multiencimático extracelular unido á parede bacteriana que degrada celulosa).

O compoñente scaffoldina da bacteria celulolítica Clostridium thermocellum é unha proteína non hidrolítica que organiza os encimas hidrolíticos nun gran complexo, chamado celulosoma. A scaffoldina comprende unha serie de dominios funcionais, entre os cales está un único dominio de unión á celulosa e nove dominios de cohesina, que son responsables de integrar as subunidades encimáticas individuais no complexo.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Cohesina

Este artigo contén texto en dominio público procedente de InterPro e Pfam - IPR002102.

Categoría:Dominios proteicos