Emili Rosales i Castellà, nado en La Ràpita (provincia de Tarragona) o 12 de febreiro de 1968, é un escritor, tradutor e editor catalán. Traxectoria Comezou no campo da poesía, pero logo cambiouse para a novela. Alén de escritor e editor, Rosales foi tradutor e profesor de literatura. Tras a publicación de tres títulos en catro anos, levoulle cinco anos prepararse para o seu último título, La ciutat invisible. Esta novela recibiu o Premio Sant Jordi e críticas moi positivas. A novela foi traducida ao castelán.

Obra Poesía Ciutats i mar (1989) Els dies i tu (1991)

Novela La casa de la platja (1995) Els amos del món (1997) Mentre Barcelona dorm (1999) La ciutat invisible (2005)

Premios 2004 — Premio Sant Jordi de novela por La ciutat invisible

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Emili Rosales

Categoría:Escritores de Cataluña Categoría:Escritores en lingua catalá Categoría:Nados en 1968 Categoría:Nados en La Ràpita