Mäbu ou MäBU é unha banda musical fundada a principios do 2008 en Madrid e que saltou á fama grazas ao seu primeiro EP, Hallo, cuxo fenómeno chamou a atención dos medios de comunicación.
Carreira 2008: Formación do grupo A fundadora do grupo, María Blanco Uranga, xa escribía as súas propias cancións antes de formar Mäbu. De feito, todas as cancións do grupo están escritas pola mesma vocalista. O significado de Mäbu ten a súa orixe nas siglas do seu nome completo: María Blanco Uranga. A vocalista comezou cantando nun grupo de versións e logo foi corista nunha banda de reggae. Máis tarde, cando comezou a compoñer, coñeceu a Txarlie, ambos atoparon paralelismos nos seus estilos. Nun principio, só María e Txarlie daban concertos. Posteriormente foron chegando os demais compoñentes: Daniel, César e Aridai. Segundo declaracións da artista, as cancións son escritas por ela, pero logo reúnese co resto do grupo para transformalas e darlles o toque final.
2009-2010: Hallo Mäbu comezou dando concertos en pequenos locais por Bilbao e Madrid a mediados do 2008 con algúns temas que xa tiñan compostos. Conseguiron chamar a atención do selo discográfico Warner Music Group, que pasaría a converterse na compañía editora do seu traballo en marzo de 2009. A finais do mesmo ano comezaron a gravar en Bilbao e Madrid o EP Hallo. A razón pola que produciron un EP antes que un álbum foi, segundo entrevistas, a dificultade de sacar un primeiro álbum para grupos pouco coñecidos."O sacar varios EP antes do álbum, vaite achegando ó público e permite repartir o traballo a máis longo prazo", dixo María. En maio de 2010 estreouse o único sinxelo do EP, tamén chamado "Hallo", cun videoclip. En xuño dese mesmo ano o EP foi oficialmente lanzado, promovido a través dos anuncios da rede Spotify. Grazas a isto, o fenómeno Mäbu fíxose coñecido a través de Internet, recibindo o recoñecemento do público. A partir da súa publicación realizaron unha extensa xira en formato acústico, ofrecendo concertos máis alá de Madrid e Bilbao, ata entón os únicos escenarios das súas actuacións.
2011: Álbum debut Buenos días O 8 de marzo de 2011 lanzan o seu álbum debut: Buenos días, dando a coñecer como sinxelos A solas e Con mi voz, que lograron unha boa acollida en Internet. A solas incluso chegou a soar nalgunhas emisoras de radio españolas.
2012-actualidade: Detrás de las luces e terceiro álbum A mediados do ano 2012, mediante as redes sociais, Mäbu deu a coñecer a nova dun novo álbum en gravación, Detras de Las Luces. En outubro dese mesmo ano estreouse oficialmente como sinxelo De negro y amarilo. Estreouse xunto cun vídeo lanzado a través de YouTube. En setembro de 2012 formaron parte da primeira edición do Festival de la Luz en Boimorto. Dende novembro de 2012, Mäbu foi amosando a través da súa canle oficial de YouTube adiantos de cancións como En las alturas, entre outros. Detrás del as luces lanzouse oficialmente en febreiro de 2013. Durante ese ano e o seguinte, Mäbu foi realizando diferentes xiras en acústico e eléctrico tanto dentro como fóra de España. Tras anuncias as datas dos últimos concertos da xira Detras de las luces, a banda aproveitou para promulgar un comunicado a través da súa conta de Facebook, no cal informaron de que tras finalizar a xira, centraríanse na composición do seu terceiro álbum. Por outro lado, entre as distintas colaboracións que realizaron con outros compañeiros da industria no ano 2014, destacouse a do rapeiro Rayden, a cal figura na lista de cancións do seu terceiro álbum.
En abril de 2015, Mäbu publicou nas súas redes sociais o adianto dun novo sinxelo, Para y por siempre que lanzaríase a mediados de mes. O 13 de abril publícase a versión en acústico dunha nova canción do seu terceiro álbum, Cara Triste.
Discografía Álbums
Sinxelos AnoSinxeloÁlbum2010<center>HalloHallo2011<center>A solasBuenos días<center>Con mi voz2012<center>De negro y amarilloDetras de Las Luces2013<center>Memoria2015<center>Para y por siempreTBA
Colaboracións AnoSinxeloArtista en colaboraciónÁlbum/es2014<center>Un mundo contigoMatellánCalidociclo<center>Viviendo en gerundioRaydenEn Alma y hueso
Xiras musicais 2011: Xira Buenos días (marzo-maio) 2012: "Mäbu en concierto" (novembro) 2013: Xira Detrás de las luces (marzo-xullo) 2013: Xira acústica "Detrás de las luces" (setembro-outubro) 2014: Xira "Detrás de las luces México" (febreiro) 2014: Xira eléctrica "Detrás de las luces" (maio-xullo) Notas
Categoría:Grupos musicais do País Vasco Categoría:Grupos musicais da Comunidade de Madrid Categoría:Grupos musicais de España Categoría:Grupos musicais formados en 2008