O Gran Premio de Detroit de 1983 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 5 de xuño de 1983 en Detroit, Míchigan.
Resumo da carreira
Michele Alboreto co Tyrrell logrou o seu segundo Gran Premio e gañou os primeiros puntos da tempada, logo de herdar o liderado de Nelson Piquet a tan só nove voltas do final cando o piloto de Brabham detívose para substituír un pneumático traseiro picado. O trazado polas estreitas rúas eliminou gran parte da vantaxe dos coches turbo, e a vitoria de Alboreto co motor Cosworth-Ford foi a última das tres vitorias non turbo da tempada. Tamén foi a última para un motor aspirado ata que os turbos foron prohibidos logo da tempada , e a última dunha marca de 155 vitorias para o lendario Cosworth DFV e tamén a última vitoria para o equipo Tyrrell.
O circuíto modificouse levemente da súa configuración orixinal do ano anterior, coa rúa de boxes ampliada para por á entrada antes da chicane final, e unha nova sección curta da pista, eliminando a estreita forquita da curva cinco. O novo deseño era máis rápido e do gusto dos pilotos. Todas as prácticas do venres levaronse a cabo baixo a choiva, quedaba unha soa hora o sábado para decidir a grella de saída.
A diferenza do patrón habitual, logo dos primeiros quince minutos da cualificación, a pista fíxose máis lenta a medida que se foi depositando goma. Isto ao parecer foi debido a que a humidade que aínda tiña a pista estaba sendo evaporada polo agora ardente sol. O tempo do gañador da pole, foi de 1:44.734 logrado por René Arnoux no seu Ferrari co primeiro xogo de pneumáticos de cualificación, co seu segundo xogo, foi máis de dous segundos máis lento! Os que non lograron un tempo rápido no inicio da sesión foron prexudicados polas cambiantes condicións, como resultado a grella presentou moitas sorpresas. O defensor do campionato Keke Rosberg foi duodécimo, Alain Prost 13º e Niki Lauda 18º, mentres que os coches non turboalimentados de Marc Surer e Alboreto foron quinto e sexto. O americano Eddie Cheever, con Renault, estaba no sétimo lugar, seis postos por diante do seu compañeiro de equipo Alain Prost
Máis de 70.000 afeccionados gozaron de bo tempo na carreira do domingo. Os barcos no río Detroit, a música a todo volume e as riadas de xente dos hoteis do centro crearon un grande ambiente, provocando as inevitables comparacións con Mónaco, ou coa carreira de Long Beach.
O primeiro intento de saída detívose xusto cando a luz verde estaba a piques de prenderse, cando Andrea de Cesaris indicou desde a grella que o seu Alfa Romeo calárase. Todo o proceso iniciouse de novo, con outra volta de quecemento que reduciu a distancia da carreira de 61 voltas a 60. Cando a luz verde acendeuse, esta vez, foi o Ferrari de Patrick Tambay, na segunda fila, o que quedou parado na grella. Todos esquivárono de forma segura ao seu redor, e logo, cando contaba que o empurraran para arrincar foi retirado do circuíto por un guindastre.
Piquet fixo unha excelente saída e pasou a Arnoux na primeira curva. Liderou na primeira volta, con Arnoux por diante de De Angelis, de Cesaris, Alboreto, Derek Warwick, Rosberg (remontara desde o duodécimo posto) e Cheever. Os dous líderes rapidamente comezaron a separarse do resto, mentres que detrás librábase unha dura batalla. Na volta cinco, Cheever retirouse cun fallo no encendido, de Angelis perdera o terceiro lugar coa caixa de cambios rota e Piercarlo Ghinzani abandonou o seu Osella nos boxes co motor sobrequentado.
Arnoux, logo de pechar a brecha con Piquet, superou ao Brabham na primeira curva e logrou o liderado na volta 10. Piquet deixoulle pasar sen loitar, sabendo que o Ferrari estaba planeando unha parada de combustible e de pneumáticos. Cando Rosberg finalmente conseguiu pasar a de Cesaris na terceira posición ao final da volta 11, estaba case 15 segundos por detrás de Piquet, pero claramente era máis rápido. Alboreto, en quinto lugar tamén ameazaba a de Cesaris, comezara cos tanques cheos e, do mesmo xeito que Piquet, non estaba planeando ningunha parada en boxes.
Na volta 20, Rosberg alcanzara ao Brabham de Piquet e facilmente tomou o segundo posto, uns vinte segundos detrás de Arnoux. Na volta 29, a vantaxe do Ferrari foise ata case 30 segundos cando Arnoux entrou nos boxes, como se esperaba, seguido pouco despois polo Williams de Rosberg, cuxas intencións estaban pouco claras. Arnoux reincorporouse logo dunha parada de tan só 13´5 segundos, aínda á cabeza, Rosberg tamén volveu á pista (a súa parada durou 17´5 segundos), e estaba en quinto lugar detrás de Piquet, Alboreto e Jacques Laffite, ningún dos cales detívose. Pero só tres voltas logo da súa parada en boxes, Arnoux parouse a un lado do circuíto cunha falla eléctrica.
Cando Laffite parou en boxes, Piquet retomara o liderado, con Alboreto segundo e terceiro Rosberg, 25 segundos atrás. John Watson, logo de saír na 21ª posición da grella, agora estaba cuarto. Parecía coma se Nelson Piquet co seu Brabham-BMW estiveran camiño á vitoria, aínda que Alboreto estaba facendo todo o posible para estar cerca. De súpeto, na volta 51, Piquet desacelerou co pneumático traseiro esquerdo picado, e no camiño de regreso a boxes, Alboreto e Rosberg pasárono. Mentres el estaba nos pits, Watson tamén pasouno. Todo o que quedaba era que Alboreto levara o Tyrrell a meta durante as últimas nove voltas, cousa bastante fácil xa que tiña a suficiente vantaxe sobre Rosberg para que este puidera atrapalo. Watson, pola súa banda, non estaba facendo nada pero tomándoo con calma, estableceu a volta rápida da carreira (1´6 segundos máis rápido que o seu tempo de cualificación!). Piquet reincorporouse para terminar en cuarto, por diante de Laffite no segundo Williams e o Lotus de Nigel Mansell.
Clasificación Cualificación
Pos Nº Piloto Construtor Q1 Q2 Diferenza 1 28 René Arnoux Ferrari2:08.8511:44.734 — 2 5 Nelson Piquet Brabham-BMW2:11.5061:44.933 +0.199 3 27 Patrick Tambay Ferrari2:10.9941:45.991 +1.257 4 11 Elio de Angelis Lotus-Renault2:09.6011:46.258 +1.524 5 29 Marc Surer Arrows-Ford2:09.2921:46.745 +2.011 6 3 Michele Alboreto Tyrrell-Ford2:08.1981:47.013 +2.279 7 16 Eddie Cheever Renault2:08.4181:47.334 +2.600 8 22 Andrea de Cesaris Alfa Romeo2:08.0341:47.453 +2.719 9 35 Derek Warwick Toleman-Hart — 1:47.534 +2.800 10 30 Thierry Boutsen Arrows-Ford2:11.1071:47.586 +2.852 11 33 Roberto Guerrero Theodore-Ford2:08.4961:47.701 +2.967 12 1 Keke Rosberg Williams-Ford2:06.3821:47.728 +2.994 13 15 Alain Prost Renault2:15.7311:47.855 +3.121 14 12 Nigel Mansell Lotus-Ford2:07.7921:48.395 +3.661 15 6 Riccardo Patrese Brabham-BMW2:17.4891:48.537 +3.803 16 4 Danny Sullivan Tyrrell-Ford2:18.7581:48.648 +3.914 17 36 Bruno Giacomelli Toleman-Hart2:13.2051:48.785 +4.051 18 8 Niki Lauda McLaren-Ford2:09.0191:48.992 +4.258 19 25 Jean-Pierre Jarier Ligier-Ford2:07.6521:48.994 +4.260 20 2 Jacques Laffite Williams-Ford2:13.0801:49.245 +4.511 21 7 John Watson McLaren-Ford2:10.6321:49.250 +4.516 22 9 Manfred Winkelhock ATS-BMW2:12.0921:49.466 +4.732 23 26 Raul Boesel Ligier-Ford2:12.1641:49.540 +4.806 24 32 Piercarlo Ghinzani Osella-Alfa Romeo2:15.5561:49.885 +5.151 25 23 Mauro Baldi Alfa Romeo2:11.1691:49.916 +5.182 26 34 Johnny Cecotto Theodore-Ford2:14.5471:51.709 +6.975 27 31 Corrado Fabi Osella-Ford2:15.0851:53.516 +8.782
Carreira Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 3 Michele Alboreto Tyrrell-Ford 60 1:50:53.669 6 9 2 1 Keke Rosberg Williams-Ford 60 + 7.702 12 6 3 7 John Watson McLaren-Ford 60 + 9.283 21 4 4 5 Nelson Piquet Brabham-BMW 60 + 1:12.185 2 3 5 2 Jacques Laffite Williams-Ford 60 + 1:32.603 20 2 6 12 Nigel Mansell Lotus-Ford 59 + 1 volta 14 1 7 30 Thierry Boutsen Arrows-Ford 59 + 1 volta 10 8 15 Alain Prost Renault 59 + 1 volta 13 9 36 Bruno Giacomelli Toleman-Hart 59 + 1 volta 17 10 26 Raul Boesel Ligier-Ford 58 + 2 voltas 23 ; 11 29 Marc Surer Arrows-Ford 58 + 2 voltas 5 12 23 Mauro Baldi Alfa Romeo 56 + 4 voltas 25 Ret 8 Niki Lauda McLaren-Ford 49 Suspensión 18 NC 33 Roberto Guerrero Theodore-Ford 38 + 12 voltas 11 Ret 34 Johnny Cecotto Theodore-Ford 34 Caixa de cambios 26 Ret 22 Andrea de Cesaris Alfa Romeo 33 Turbo 8 Ret 28 René Arnoux Ferrari 31 Eléctrico 1 Ret 4 Danny Sullivan Tyrrell-Ford 30 Eléctrico 16 Ret 25 Jean-Pierre Jarier Ligier-Ford 29 Roda 19 Ret 9 Manfred Winkelhock ATS-BMW 26 Colisión 22 Ret 35 Derek Warwick Toleman-Hart 25 Motor 9 Ret 6 Riccardo Patrese Brabham-BMW 24 Freos 15 Ret 11 Elio de Angelis Lotus-Renault 5 Caixa de cambios 4 Ret 16 Eddie Cheever Renault 4 Distribuidor 7 Ret 32 Piercarlo Ghinzani Osella-Alfa Romeo 4 Temperatura 24 Ret 27 Patrick Tambay Ferrari 0 Motor 3 NSC 31 Corrado Fabi Osella-Ford
Posicións logo da carreira
Clasificación no campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 Alain Prost 28 2 Nelson Piquet 27 3 Patrick Tambay 23 4 Keke Rosberg 22 5 John Watson 15
Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 Renault 36 2 Williams-Ford 32 3 Ferrari 31 4 Brabham-BMW 27 5 McLaren-Ford 25
Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.
Notas A vitoria de Alboreto foi a última para un motor de aspiración atmosférica ata que os turbos foron prohibidos logo da tempada . Foi a última vitoria para o equipo Tyrrell na Fórmula Un. Tamén foi a vitoria 155 e última para o Ford Cosworth DFV V8, que motorizou 12 de 15 campións do mundo entre e , os primeiros sete de forma consecutiva. Nunca houbo outro motor de Fórmula Un como el, nin antes nin despois. Con Alboreto gañador, Keke Rosberg segundo e John Watson terceiro, este foi o último podio para motores de aspiración atmosférica na Fórmula Un ata o Gran Premio do Brasil de 1989. Os tres pilotos montaban o motor Cosworth DFV. Innes Ireland (outubro de 1983). "2nd Detroit Grand Prix: Cosworth Counterattack". Road & Track, 162–166. Mike S. Lang (1992). Grand Prix!: Race-by-race account of Formula 1 World Championship motor racing. Volume 4: 1981 to 1984. Haynes Publishing Group. ISBN 0-85429-733-2
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1983 Categoría:Gran Premio de Detroit de Fórmula 1