Luigi "Gigi" Datome, nado o 27 de novembro de 1987 en Montebelluna, Véneto, é un ex xogador profesional italiano de baloncesto profesional que xoga no Olimpia Milano da Lega Basket Serie A.
Traxectoria Italia Datome comezou a xogar ó baloncesto na súa cidade natal, antes de fichar polo Montepaschi Siena da Lega Basket Serie A no ano 2003. Xogou catro tempadas con Montepaschi antes de fichar polo Scafati Basket para a tempada 2007-08.
En 2008, Datome fichou polo Virtus Roma, onde na súa primeira tempada conseguiu o premio ó mellor xogador de menos de 22 anos da liga. Na tempada 2012-13, foi elixido coma o mellor xogador da Lega Basket Serie A tras acadar 16.5 puntos e 5.6 rebotes por encontro.
NBA O 16 de xullo de 2013, Datome asinou un contrato de dous anos e 3.5 millóns de dólares cos Detroit Pistons. O 19 de febreiro de 2015, Datome foi traspasado xunto a Jonas Jerebko ós Boston Celtics, a cambio de Tayshaun Prince.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados na provincia de Treviso Categoría:Xogadores de baloncesto de Italia Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores do Mens Sana Basket Categoría:Xogadores do Scafati Basket Categoría:Xogadores do Pallacanestro Virtus Roma Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores do Fenerbahçe SK (baloncesto) Categoría:Xogadores do Olimpia Milano