Joseph-Marie Leray, nado en Montoir-de-Bretagne (Francia) o 25 de xaneiro de 1854 e finado en Nonouti (Kiribati) o 17 de outubro de 1929, foi un misioneiro católico francés, vigairo apostólico das Illas Gilbert entre 1897 e 1926.
Traxectoria Leray foi ordenado sacerdote en 1879, e en 1886 profesou como membro dos Misioneiros do Sagrado Corazón. Foi un dos primeiros tres misioneiros católicos enviados en 1887 ás Illas Gilbert, que chegaron a Nonouti en 1888.
O 24 de xullo de 1897 foi nomeado vigairo apostólico das Illas Gilbert e bispo titular de Remesiana. Recibiu a consagración episcopal o 26 de xuño de 1898 de mans de Pierre-Emile Rouard, bispo de Nantes.
Retirouse en 1926. Finou en Nonouti o 17 de outubro de 1929.
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Catholic-Hierarchy.org
Categoría:Nados en 1854 Categoría:Nados no departamento de Loira Atlántico Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos católicos de Francia Categoría:Bispos católicos de Kiribati Categoría:Bispos católicos de Nauru Categoría:Relixiosos católicos de Francia Categoría:Misioneiros do Sagrado Corazón Categoría:Finados en 1929