A diocese de Port Vila (en ) é unha sé da Igrexa Católica Latina sufragánea da arquidiocese de Nouméa. En 2013 tiña 28.500 bautizados sobre unha poboación total de 240.000 habitantes. O seu bispo actual é Jean Bosco Baremes.
Territorio A diocese esténdese sobre todo o arquipélago de Vanuatu. A sé episcopal é a cidade de Port Vila, onde está a Catedral do Sagrado Corazón.
O territorio está organizado en 32 parroquias. Historia As Novas Hébridas acolleron aos primeiros misioneiros en 1848, mais pouco despois deixou de haber presenza católica nas illas durante case corenta ano, o que facilitou a chegada dos misioneiros presbiterianos e anglicanos.
A misión católica foi restabelecida en 1887. O 19 de febreiro de 1901 foi erixida a prefectura apostólica das Novas Hébridas en territorios da vigairía apostólica de Nova Caledonia.
O 22 de marzo de 1904 a prefectura apostólica foi elevada a vigairía apostólica, e o 21 de xuño de 1966 a diocese coa bula Prophetarum voces do papa Paulo VI.
Episcopoloxio Isidore-Marie-Victor Douceré (9 de febreiro de 1901 – 12 de maio de 1939, finado) Jules Halbert (11 de xullo de 1939 – decembro de 1954, renuncia) Louis-Jean-Baptiste-Joseph Julliard (1 de xaneiro de 1955 – 21 de maio de 1976, renuncia) Francis-Roland Lambert (31 de decembro de 1976 – 12 de decembro de 1996, retirado) Michel Visi (30 de novembro de 1996 – 19 de maio de 2007, finado) Jean Bosco Baremes (18 de novembro de 2009 – actualidade)
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Perfil en Catholic-Hierarchy.org Perfil en GCatholic.org
Port Vila Port Vila