Gerald Jermaine Wallace, nado o 23 de xullo de 1982 en Sylacauga, no condado de Talladega (Alabama), é un xogador profesional estadounidense de baloncesto actualmente axente libre.
Traxectoria Wallace foi seleccionado na 25ª posición do Draft da NBA de 2001 polos Sacramento Kings, e apenas xogou nas súas tres tempadas en Sacramento. En 2002 participou no concurso de mates do NBA All-Star Weekend, e rematou na segunda posición por detrás de Jason Richardson.
En 2004, Wallace foi seleccionado como parte do Draft de expansión de 2004 para os Charlotte Bobcats. En Charlotte chegou a ser elixido para o All-Star Game da NBA no ano 2010, converténdose no único xogador da historia dos Bobcats en ser All-Star. Ó remate desa tempada, Wallace foi incluído no mellor equipo defensivo da liga.
O 24 de febreiro de 2011, Wallace foi traspasado ós Portland Trail Blazers a cambio de Joel Przybilla, Dante Cunningham, Sean Marks, e dúas futuras eleccións do Draft.
O 15 de marzo de 2012, Wallace foi traspasado ós New Jersey Nets a cambio de Shawne Williams, Mehmet Okur e unha elección da primeira rolda do Draft de 2012.
O 12 de xullo de 2013, Wallace foi traspasado ós Boston Celtics, nun gran traspaso que mandou a Paul Pierce, Kevin Garnett e Jason Terry ós Nets.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1982 Categoría:Nados no condado de Talladega Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos Charlotte Bobcats Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores dos New Jersey Nets Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores dos Boston Celtics