Two and a Half Men é unha serie de televisión estadounidense que comezou a emitirse a través da canle CBS o 22 de setembro de 2003 e rematou o 19 de febreiro de 2015, após doce tempadas. Orixinalmente protagonizada por Charlie Sheen, Jon Cryer e Angus T. Jones, a serie trata da vida dun hedonista compositor de jingles publicitarios, Charlie Harper, o seu tenso irmán Alan, e o fillo de Alan, Jake. Despois do divorcio de Alan, este múdase co fillo á casa da praia de Charlie en Malibú (California) e complica a liberal vida de Charlie.

No 2010, CBS e Warner Bros. Television acadaron un acordo de emisión para a serie, renovándoa polo menos até a tempada de 2011–12. Pero o 24 de febreiro de 2011, CBS e Warner Bros. decidiron acabar coa produción co resto da oitava tempada despois de que Sheen entrase en rehabilitación por drogas e fixera "comentarios disparatados" sobre o creador e produtor executivo da serie, Chuck Lorre. O contrato de Sheen rematou o 7 de marzo.

Na estrea da novena tempada, "Nice to Meet You, Walden Schmidt", a personaxe de Sheen morre e aparece no seu canto Ashton Kutcher interpretando a Walden Schmidt. Alan ten un novo mellor amigo e compañeiro de vivenda, Walden, que está a lidar cos seus problemas despois dun mal divorcio. Walden, Alan e Jake establecen un vínculo, converténdose en amigos achegados e formando unha unidade familiar. Jake, que se une ó exército ó final da novena tempada, viaxa ao Xapón ó final da tempada dez.

Personaxes Principais Charlie Sheen como Charlie Harper Jon Cryer como Dr. Alan Harper Angus T. Jones como Jake Harper Ashton Kutcher como Walden Schmidt Conchata Ferrell como Berta Holland Taylor como Evelyn Harper Marin Hinkle como Judith Harper-Melnick Melanie Lynskey como Rose Jennifer Bini Taylor como Chelsea April Bowlby como Kandi Amber Tamblyn como Jenny Edan Alexander como Louis

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2003 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2015 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América