A Sinfonía nº 7 en mi menor de Gustav Mahler é unha obra musical composta polo compositor bohemio-austríaco entre os anos 1904 e 1905.
Estrea
A estrea desta obra data do 19 de setembro do 1908 en Praga, baixo a dirección do propio autor. A audición da obra provocou bastante indiferenza e case incomprensión. Posteriormente estreouse en Múnic e Ámsterdam, sempre sen un éxito claro. Co paso do tempo, foi promovida e divulgada por mestres coma Bruno Walter, Rafael Kubelík, Otto Klemperer e Georg Solti.
Estrutura e temática En xeral esta sinfonía ten unha atmosfera romántica. Salientar que é a única sinfonía de Mahler que conta con "nocturnos" Esta sinfonía estrutúrase en cinco movementos: Langsam (adagio). Nachtmusik I (allegro moderato). Fleissend, aber nicht schnell (allegro ma non tropo). Schattenhaft (sombrío). Nachtmusik II (andante amoroso). Rondó (allegro ordinario. Allegro moderato ma energico).
Véxase tamén
Bibliografía Libreto Sinfonía Nº7 Gustav Mahler. Maestros de la Música, Planeta-Agostini 1989
Categoría:Sinfonías de Gustav Mahler