José María Izarzugaza de Velasco foi un industrial e político galego.
Traxectoria Foi designado concelleiro de Redondela en outubro de 1934, na corporación que presidiu Buenhijo Pérez SobrinoEl Pueblo Gallego, 2-11-1934, p. 13.. Foi nomeado alcalde de Redondela o 30 de novembro de 1936, permanecendo no cargo até maio de 1938. Foi inventor dun sistema hidráulico de peche automático de pasos a nivel e dunha grella e picagrellas automático.
Vida persoal Casou con Adelaida Méndez Izarzugaza.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Anecdotario redondelán. Alcaldes
Categoría:Alcaldes de Redondela Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición