miniatura|Rúa de Felicísimo Pérez na súa vila natal, A Gudiña. Felicísimo Pérez Ortega, nado na Gudiña o 24 de novembro de 1910, foi un político galego.

Traxectoria Fillo de Florinda Ortega Pérez e David Pérez Veleda, comerciantes. Militante de Izquierda Republicana. Logo do triunfo do Fronte Popular foi nomeado alcalde da Gudiña en abril de 1936. Xunto con algúns carabineiros e os obreiros do ferrocarril, conseguiu retardar por uns días o triunfo da sublevación do 18 de xullo de 1936 na zona das Frieiras. Fuxiu a Portugal, colleu un barco e chegou a Marsella e de alí pasouse ao exército republicano onde combateu na Guerra Civil. A súa familia foi sometida a un proceso de expropiación e espoliación, e o establecemento comercial da súa nai, a casa da Viúva, foi asaltada e Florinda Ortega foi levada presa á cadea de mulleres de Bande. Ao rematar a guerra Felicisimo pasou a Francia e exiliouse en Chile. Despois instalouse na Arxentina.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Santoral laico da bisbarra das Frieiras Dilixencias incautatorias instruídas no partido xudicial de Viana do Bolo(1937)

Categoría:Alcaldes da Gudiña Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Chile Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados na Gudiña Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en ano descoñecido