A diocese de Copenhague (en ) é unha sé da Igrexa Católica Latina inmediatamente suxeita á Santa Sé. En 2006 tiña 36.634 bautizados sobre unha poboación total de 5 516 597 habitantes. O seu bispo actual é Czeslaw Kozon.
Territorio A diocese abrangue toda Dinamarca, incluíndo ás Illas Feroe e a Groenlandia. A sé arcebispal é a cidade de Copenhague, onde está a catedral de Santo Óscar. O territorio está organizado en 50 parroquias.
Limita ao norte coas dioceses de Oslo e Estocolmo, e ao sur coa arquidiocese de Hamburgo. miniatura|esquerda Historia O 7 de agosto de 1868 foi erixida a prefectura apostólica de Dinamarca, en territorios da vigairía apostólica das Misións Setentrionais.
O 15 de marzo de 1892 a prefectura apostólica foi elevada ao rango de vigairía apostólica.
O 22 de outubro de 1921, co breve Quae catholico do papa Bieito XV, incorporou os territorios da prefectura apostólica de Schleswig-Holstein que, en virtude dos tratados posteriores á primeira guerra mundial, quedaran incorporados ao reino de Dinamarca.
O 29 de abril de 1953 a vigairía apostólica foi elevada a diocese coa bula Certiores facti do papa Pío XII.
Episcopoloxio Hermann Grüder (9 de xullo de 1869 - 15 de decembro de 1883, finado) Johannes Von Euch (17 de febreiro de 1884 - 18 de marzo de 1922, finado) Josef Brems (10 de outubro de 1922 - 1938, retirado) Johannes Theodor Suhr (13 de decembro de 1938 - 6 de outubro de 1964, retirado) Hans Ludvig Martensen (22 de marzo de 1965 - 22 de marzo de 1995, retirado) Czesław Kozon (22 de marzo de 1995 - actualidade)
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial Perfil en Catholic-Hierarchy.org Perfil en GCatholic.org
Copenhague Copenhague