A prelatura territorial de Tromsø (en ) é unha sé da Igrexa Católica Latina inmediatamente suxeita á Santa Sé. En 2004 tiña 1.775 bautizados sobre unha poboación total de 467.702 habitantes. O seu prelado actual é o bispo Berislav Grgić.
Territorio A prelatura territorial abrangue os tres condados máis setentrionais de Noruega (Finnmark, Troms e Nordland), así como o arquipélago das Svalbard.
A sé prelaticia é a cidade de Tromsø, onde está a pro-catedral da Nosa Señora (Vår Frue Kirke).
O territorio está organizado en 7 parroquias, situadas nas seguintes poboacións: Tromsø Bodø Hammerfest Harstad Mosjøen Narvik Storfjord
Historia O 8 de abril de 1931, co breve Paterna caritas, o papa Pío XI erixiu a misión sui iuris da Noruega setentrional, en territorios da vigairía apostólica de Noruega.
O 10 de marzo de 1944 a misión sui iuris foi elevada ao rango de prefectura apostólica coa bula Maioris dignitatis do papa Pío XII.
O 18 de febreiro de 1955 a prefectura apostólica foi elevada ao rango de vigairía apostolica coa bula Quoniam arcana do mesmo Pío XII.
O 28 de marzo de 1979, coa bula Qui volente, o papa Xoán Paulo II elevou a vigairía ao rango de prelatura territorial, dándolle o nome actual.
Episcopoloxio Johannes Starcke (5 de decembro de 1931 - 1939, finado) Johannes Wember (17 de novembro de 1939 - 1 de marzo de 1976, retirado) João Batista Przyklenk (1 de marzo de 1976 - 19 de febreiro de 1977, nomeado bispo de Januária) Gerhard Ludwig Goebel (29 de marzo 1979 - 4 de novembro de 2006, finado) Berislav Grgić (18 de decembro de 2008 - 31 de agosto de 2023, renuncia)
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial Perfil en Catholic-Hierarchy.org
Categoría:Divisións territoriais católicas en Noruega Categoría:Prelaturas territoriais da Igrexa Católica Latina