miniatura|Parella bailando un valse. Imaxe dun fenaquistiscopio. miniatura|"Vals do minuto" de Chopin. miniatura|dereita|250px|Exemplo dun ritmo de valse.Blatter, Alfred (2007). Revisiting music theory: a guide to the practice p.28. ISBN 0-415-97440-2. O valse (do galicismo valse, que á súa vez procede do xermanismo Walzer, que provén do verbo alemán wälzen, 'xirar, rodar') é un estilo de baile folclórico e de salón a ritmo lento.

Historia Aínda que non existe acordo no tocante á súa orixe, pénsase que o valse naceu na zona austríaca do Tirol no século XII. Porén, tamén hai teorías que sitúan a súa orixe nunha danza do século XVIII chamada ländler que bailaban os labregos de Austria e do sur de Alemaña, e tamén nunha danza italiana chamada volte.

O valse acadou gran popularidade nos anos 1760 en Viena, estendéndose axiña por outros países.

Características É un baile de tempo ternario que se escribe normalmente en compás de 3/4 e que se baila en parella. No primeiro pulso de cada compás ábrese diagonalmente unha perna, no segundo a outra xúntase facendo que os pés se unan de novo, e no terceiro pulso faise un pequeno paso sen desprazamento co primeiro pé. Despois repítese o mesmo comezo co outro pé. Son famosos os valses vieneses da familia dos Strauss, como os de Johann Strauss.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Pasos básicos de valse Exemplo de valse en vídeo

Categoría:Estilos de baile