NSFW é un acrónimo inglés para a expresión Not Safe/Suitable For Work (Non seguro/non axeitado para o traballo), empregado para se referir na linguaxe de Internet ás páxinas web, foros e blogs que conteñen URLs e hipervínculos a páxinas de contido para adultos. Xeralmente, as páxinas ou sitios NSFW albergan contidos pornográfico ou para adultos, contido violento, con son malsoante ou bocapodre.
O acrónimo NSFW xorde especialmente coma advertencia de certos sitios web potencialmente inaxeitados para navegar por eles en lugares públicos, froito da universalización e extensión de Internet en bibliotecas, institutos, puntos de Internet, ou mesmo o traballo.
Paralelamente, o termo SFW (safe for work), derivado do anterior, adoita empregarse para páxinas ou sitios web aptos para navegar en público, ou sen contido inaxeitado.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Pornografía Sexting
Categoría:Cultura de Internet