Paolo Pezzi, nado o 8 de agosto de 1960 en Russi (Italia), é un eclesiástico católico latino italiano, dende 2007 arcebispo da Nai de Deus en Moscova. Traxectoria Paolo Pezzi naceu o 8 de agosto de 1960 en Russi, un concello da provincia de Rávena. (Italia). Entre 1985 e 1990 estudou Filosofía e Teoloxía na Pontificia Universidade de San Tomé Aquino, e posteriormente foi ordenado sacerdote da Fraternidade Sacerdotal dos Misioneiros de San Carlos Borromeo o 22 de decembro de 1990, polo vigairo xeral de Roma Ugo Poletti. Posteriormente doutorouse en Teoloxía pola Pontificia Universidade Lateranense.

Traballou en Rusia dende 1993, e chegou a ser reitor do seminario maior de San Petersburgo.

O 21 de setembro de 2007, o papa Bieito XVI nomeouno arcebispo metropolitano da Nai de Deus en Moscova. Recibiu a consagración episcopal o 27 de outubro, na catedral da Inmaculada Concepción de Moscova, de mans do seu predecesor Tadeusz Kondrusiewicz. Obra

Categoría:Nados en 1960 Categoría:Nados na provincia de Rávena Categoría:Bispos católicos de Italia Categoría:Bispos católicos de Rusia Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade de San Tomé de Aquino Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Lateranense Categoría:Escritores en lingua italiana Categoría:Escritores de Italia Categoría:Escritores de literatura relixiosa Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Relixiosos católicos de Italia Categoría:Misioneiros de San Carlos Borromeu