Para a constelación homónima, véxase Canes Venatici miniatura|270px|O Whippet mostra patas longas, tórax profundo e cintura estreita, características dos lebreiros. miniatura|270px|As proporcións da cabeza dolicocéfala dun lebreiro típico.

Os lebreiros, son un conxunto de razas de cans cuxa constitución física lles fai estar moi ben dotados para a carreira, na que poden alcanzar unha gran velocidade.

Na súa maioría son máis altos que longos, teñen a cabeza longa e estreita, as orellas pequenas, semierectas, e posúen un gran sentido da vista, ao contrario que a maioría das razas de cans como, por exemplo, os sabuxos.

Adoitan utilizarse para a caza maior en mandas, e para a caza do coello e a lebre.De aí o seu nome.

Nos últimos tempos introducíronse tamén como animais de compañía (mascotas), sobre todo en Europa.Galgos são a raça canina preferida da turma da moda Folla de São Paulo, 01-06-2009.

En Galicia, así como en toda España e en Portugal, son tamén coñecidos como galgos, xa que ese é o nome que recibe o lebreiro español e, por extensión, todas aquelas razas que posúen características similares.

Características Estes Canis lupus familiaris especializáronse en cazar as presas manténdoas na liña de visión. Consecuentemente, precisan ser hábiles para detectar rapidamente movementos; por iso estes cans normalmente teñen unha visión extremadamente aguda e as orellas menores para non obstruír posíbeis movementos periféricos.

A causa de que as presas cazadas normalmente son moi rápidas e áxiles, como os cervos, o can tamén precisa ser bastante áxil e rápido, podendo chegar a 65 km/h. Como resultado, a maioría deles teñen as patas longas, para dar pasos longos, un tórax profundo para soportar un sistema cardiovascular forte para as carreiras, e un corpo magro e delgado para manter o menor peso posíbel.

A causa desta velocidade, estes cans son moi empregados para as carreiras de cans (carreiras de galgos) sobre todo en América do Norte, en particular os das razas Greyhound e Whippet.

O típico galgo debe ser dolicocéfalo. Esta forma da cabeza pode crear a ilusión óptica de que é máis longa do normal. A dolicocefalia é realmente unha característica dos lobos e outros animais carnívoros silvestres, e está relacionada coa necesidade dunha visión esteoroscópica na caza. Por razóns descoñecidas, a maioría dos animais domesticados, incluíndo os cans (que no sexan os galgos), volvéronse braquicéfalos e perderon parcialmente este aspecto do campo de visión.

Razas A Federación Cinolóxica Internacional (Fédération Cynologique Internationale, FCI) no Grupo 10, grupo que está dividido en: Sección 1: Lebreiros de pelo longo ou ondulado, Sección 2: Lebreiros de pelo duro e Sección 3: Lebreiros de pelo curto.

Sección 1: Lebreiros de pelo longo ou ondulado

Sección 2: Lebreiros de pelo duro

Sección 3: Lebreiros de pelo curto

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Como, Denise & Sighthounds, Afield (2004): The Complete Guide to Sighthound Breeds & Amateur Performance Events (With a Comprehensive Chapter on Adopted Ex-Racing Greyhounds). Bloomington, Ind., USA: AuthorHouse. ISBN 1-4184-3822-7. Gacsi, M.; McGreevy, P.; Kara, E. & Miklosi, A. (2009): "Effects of selection for cooperation and attention in dogs". Behavioural and Brain Functions 5: 31. Grant-Rennick, Richard (ed.) (1977): Coursing: The Pursuit of Game with Gazehounds. Saul, Gloucestershire, UK: The Standfast Sporting Library. ISBN 0-9502148-9-2. Recum, Andreas F. von (2002): Hunting With Hounds in North America. Gretna: Pelican Publishing Co. ISBN 1-58980-043-5. Roberts, T; McGreevy, P & Valenzuela, M. (2010): "Human Induced Rotation and Reorganization of the Brain of Domestic Dogs". PLoS ONE 5 (7): e11946. Russell, Joanna (1976): All about Gazehounds. Londres: Pelham. ISBN 0-7207-0926-1.

Outros artigos Canis Can Montería Plott hound Podengo Sabuxo

Ligazóns externas National Plott Hound Association . Plott . Club del sabueso español y razas afines .

Categoría:Razas de cans