miniatura|120px|Botón direccional. O botón direccional, tamén coñecido como cruz direccional, pad direccional ou D-pad, é o controlador dixital de direccións en forma de cruz que posúen os gamepads das consolas de videoxogos. Aínda que foron en parte desprazados polas pancas analóxicas, continúan a estar presentes mesmo nas consolas da última xeración.

Os botóns direccionais poden dividirse, segundo a morfoloxía, en dous grupos:

Botón direccional simple: Peza de plástico con forma de cruz, ben próxima da superficie (Nintendo NES, Game Boy, Super Nintendo) ou un pouco afundida (Nintendo 64, Dreamcast, Gamecube, Playstation). Botón direccional con base circular plana: Componse por unha base circular plana que ten a cruz no centro. Era común na época dos 16-bits (Mega Drive, Neo Geo...), e foi perdendo popularidade co tempo. Porén, continúa a ser usado en controis para computador.

Véxase tamén Outros artigos

Panca analóxica Controlador de xogo

Categoría:Controladores de videoxogos