dereita|miniatura|Santa Bríxida de Irlanda. Bríxida é un nome propio feminino galego. Esta forma escrita tamén é común co asturiano. De orixe gaélica provén de Brighid ou Bridgid, da raíz celta brigh (forza). Brighid era o nome dunha deusa céltica do lume, moitos de cuxos atributos pasaron coa cristianización a Santa Bríxida de Irlanda.

A deusa Brighid é a orixe de numerosos topónimos en todo o arco atlántico, como as cidades da antiga Gallaecia: Braga, Braganza (hoxe en Portugal) e Brigantia (hoxe Betanzos); e outros como Brìghde (Escocia), Fraid (Gales), Brigantis (Gran Bretaña) ou Bregenz (Austria).

Santoral 23 de xullo: Santa Bríxida (Bríxida de Suecia), relixiosa e mística cristiá sueca, fundadora da orde católica que leva o seu nome, nomeada patroa de Europa.

Venérase tamén a Bríxida de Irlanda o 1º de febreiro. Variantes Variantes noutras linguas Alemán Birgitta Aragonés BrichidaEDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. Asturiano Bríxida Bretón Brec'hed Búlgaro Бригита (Brigita) Castelán Brígida Catalán Brígida Checo Brigita Dinamarqués Birgitta Esperanto Birgita Estoniano Birgitta Éuscaro Birkide, Birxita Finés Birgitta Francés Brigitte Galego Bríxida Holandés Birgitta Húngaro Brigitta Inglés Bridget Islandés Birgitta Italiano Brigida Latín Birgitta Lituano Brigita Noruegués Birgitta Polaco Brygida Portugués Brígida Romanés Brigita Ruso Бригитта (Brigitta) Sueco Birgitta

Notas

Véxase tamén Outros artigos Bríxida (deusa) Lista de nomes femininos en galego Apelido Santoral Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes femininos Real Academia Galega

Bibliografía

Categoría:Nomes femininos de orixe celta Categoría:Nomes femininos galegos Categoría:Nomes femininos asturianos