The Hunger Games: Mockingjay – Part 1 é un filme estadounidense de acción e ciencia ficción baseado na novela de Suzanne Collins, Mockingjay, a terceira parte da triloxía The Hunger Games. O filme é unha secuela de The Hunger Games: Catching Fire, e o penúltimo dos catro baseados na triloxía.

A estrea en Londres foi o 10 de novembro de 2014, mentres que nos Ánxeles realizouse o 17 de novembro. Estreouse oficialmente o 20 e 21 de novembro en gran parte do mundo, incluído Galicia, coa dobraxe castelá. A dirección estivo a cargo de Francis Lawrence. Enredo

Katniss Everdeen (Jennifer Lawrence) atópase no Distrito 13, o foco de resistencia contra o Capitolio, despois de remataren os Xogos da Fame. Baixo o liderado da presidenta Coin (Julianne Moore) e co consello dos seus amigos máis leais, Katniss convértese no “mimogaio” e estende as súas ás mentres loita por salvar a Peeta Mellark (Josh Hutcherson), que foi capturado polo Capitolio e a unha nación alentada pola súa valentía.

Elenco Jennifer Lawrence coma Katniss Everdeen. Josh Hutcherson coma Peeta Mellark. Liam Hemsworth coma Gale Hawthorne. Woody Harrelson coma Haymitch Abernathy. Elizabeth Banks coma Effie Trinket. Sam Claflin coma Finnick Odair. Philip Seymour Hoffman †O actor Philip Seymour Hoffman faleceu o 2 de febreiro de 2014. Lionsgate anunciou que Hoffman rematara de filmar case todas as súas escenas nesta entrega antes da súa morte. Para rematar as demais, o seu rostro foi dixitalizado, o mesmo que na segunda parte. coma Plutarch Heavensbee. Jeffrey Wright coma Beetee Latier. Julianne Moore coma Presidente Alma Coin. Willow Shields coma Primrose Everdeen. Jena Malone coma Johanna Mason. Donald Sutherland coma Presidente Snow. Stanley Tucci coma Caesar Flickerman. Natalie Dormer como Cressida. Stef Dawson como Annie Cresta. Patina Miller coma Comandante Paylor. Evan Ross coma Mesalla. Mahershala Ali coma Comandante Boggs. Wes Chatam coma Castor. Elden Henson coma Pollux.

Preprodución O 10 de xullo de 2012, Lionsgate anunciou que o libro de Mockingjay se dividiría en dúas partes; a primeira parte tiña data de estrea para o 21 de novembro de 2014, mentres que a segunda estrearía o 20 de novembro de 2015. O 1 de novembro de 2012, Francis Lawrence, director de ‘’The Hunger Games: Catching Fire’’, anunciou que ía volver para dirixir as dúas últimas partes da tetraloxía. O 6 de decembro de 2012, Dany Strong anunciou que el escribiría as últimas dúas partes. Máis tarde, en agosto, anunciouse que a rodaxe comezaría en setembro de 2013. A produción do filme comezou o 16 de setembro de 2013 en Boston, para despois pasar a Atlanta e Os Ánxeles. O 13 de novembro de 2013, Nina Jacobson revelou que Peter Craig tamén fora contratado para escribir o guión das dúas adaptacións.

Rodaxe A rodaxe do filme comezou o 23 de setembro de 2013 en Atlanta e concluíu o 20 de xuño de 2014 en Berlín, Alemaña. A parte 1 foi filmada xunto coa parte 2. A mediados de outubro, a produción de filmación trasladouse a Rockmart. A tripulación e o elenco tomou un descanso para promover The Hunger Games: Catching Fire, e a rodaxe rematouse o 2 de decembro de 2013. O 18 de decembro, comezouse a rodar en Caldwell Tanks de Newnan, Xeorxia.

Philip Seymour Hoffman, quen interpretou a Plutarch Heavensbee na segunda entrega, finou o 2 de febreiro de 2014 en Nova York. Lionsgate emitiu un comunicado afirmando que Hoffman completara a rodaxe das súas escenas para a parte 1 antes da súa morte.

Música A banda sonora do filme foi realizada unha vez máis por James Newton Howard, que xa gravara nos dous filmes anteriores. A música da película foi creada xustamente para contrastar a sensación de escuridade que se atopa constantemente na mesma.

Recepción O filme ten un 69% de aprobación, baseado en 27 comentarios na páxina Rotten Tomatoes cualificándoa como "Fresca". Mentres que en Metacritic 67 de 100 comentarios foron positivos, indicando "Críticas xeralmente positivas".

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Trailer Oficial The Hunger Games: Mockingjay – Part 1. Consultado o 23 de novembro de 2014.

Categoría:The Hunger Games (serie de filmes) Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Francis Lawrence Categoría:Filmes de ciencia ficción e aventuras dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes con banda sonora de James Newton Howard Categoría:Filmes de Lions Gate Entertainment Categoría:Filmes rodados en Atlanta Categoría:Filmes rodados en Xeorxia, Estados Unidos de América Categoría:Filmes rodados en Hawai Categoría:Filmes rodados en Nova Jersey Categoría:Filmes rodados en Berlín Categoría:Filmes ambientados en América do Norte Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América