Murdered Love é o oitavo álbum da banda estadounidense de metal alternativo P.O.D., publicado o 10 de xullo de 2012 a través do selo Razor & Tie. O disco estreouse no número 17 da lista Billboard 200 cunhas vendas de 16.000 copias na súa primeira semana nos Estados Unidos. Murdered Love é a continuación de When Angels & Serpents Dance e marca a reunión co produtor Howard Benson, que tamén traballou non seu álbums The Fundamental Elements of Southtown, Satellite e Payable on Death. Antes da edición oficial do disco tres cancións estiveron dispoñibles para descargar; dúas delas, "Eyez" e unha versión demo de "On Fire", dispoñibles de xeito gratuíto na web da banda. O disco conta coa aparición de Jamey Jasta de Hatebreed, Sen Dog de Cypress Hill, e Sick Jacken de Psycho Realm. Unha edición deluxe, con acústicos e temas extra, foi publicada o 22 de outubro de 2013.
Listaxe de cancións
Categoría:Álbums de P.O.D. Categoría:Álbums musicais de 2012 Categoría:Álbums producidos por Howard Benson Categoría:Álbums de Razor & Tie