Infruset é o sexto álbum da banda sueca de rock alternativo Mando Diao, publicado o 31 de outubro de 2012 a través do selo Universal Records. Trátase do seu primeiro traballo no que usan o sueco nas súas cancións.
No ano 2011, coa ocasión dos 100 anos da morte do poeta sueco Gustaf Fröding (1860–1911), a Gustaf Norén pedíronlle poñerlle música a un dos seus poemas. A beleza e honestidade da poesía de Fröding, así como a súa excéntrica e angustiosa forma de vida, fixéronse atractivos para a banda.
Listaxe de cancións
Categoría:Álbums de Mando Diao Categoría:Álbums musicais de 2012 Categoría:Álbums de Universal Records