Tropic Thunder é un filme estadounidense co-escrita, producida, dirixida e protagonizada por Ben Stiller, que se estreou en 2008. Está co-protagonizado por Robert Downey, Jr. e Jack Black.

Sinopse Na selva do sueste de Asia, ródase unha superprodución sobre a guerra de Vietnam na que interveñen varias estrelas: Kirk Lazarus (Robert Downey Jr.), un actor que gañou varios Oscars; Jeff Portnoy (Jack Black), estrela dunha popular e groseira saga de filmes; Alpa Chino (Brandon T. Jackson) estrela do hip-hop metido a actor, e o novato Kevin Sandusky (Jay Baruchel). A medida que avanza a rodaxe, as cousas van de mal en peor, sobre todo para Damien (Steve Coogan), o director. Chega un momento en que todo o equipo se perde na xungla e ten que librar unha auténtica batalla para sobrevivir.

Personaxes Ben Stiller como Tugg Speedman Robert Downey, Jr. como Kirk Lazarus Jack Black como Jeff Portnoy Brandon T. Jackson como Alpa Chino Jay Baruchel como Kevin Sandusky Nick Nolte como John "Four Leaf" Tayback Steve Coogan como Damien Cockburn Danny McBride como Cody Underwood Matthew McConaughey como Rick "Pecker" Peck Bill Hader como Rob Slolom Brandon Soo Hoo como Tran Reggie Lee como Byong Tom Cruise como Les Grossman

Galardóns e nomeamentos 2008: Nomeado ó Oscar: Mellor actor secundario (Robert Downey Jr.). 2008: 2 nomeamentos ós Globos de Ouro: Mellor actor secundario (Downey Jr. e Cruise). 2008: Nomeado ós BAFTA: Mellor actor secundario (Robert Downey Jr.). 2008: Critics' Choice Awards: Mellor comedia. 2 nomeamentos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 2008 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Ben Stiller Categoría:Filmes de DreamWorks Categoría:Filmes de Red Hour Productions Categoría:Filmes rodados en Hawai Categoría:Filmes sobre o exército dos Estados Unidos de América