miniatura|Bacterioclorofila a. R é un grupo fitil ou xeranilxeranil. As bacterioclorofilas son pigmentos fotosintéticos que presentan varios tipos de bacterias fototróficas. Presentan aneis de clorina ou bacterioclorina con diversos substituíntes. Foron descubertas por C. B. van Niel en 1932. Están relacionadas coas clorofilas, que son os principais pigmentos fotosintéticos das plantas, algas, e cianobacterias. Os grupos bacterianos que conteñen bacterioclorofila realizan unha fotosíntese anoxixénica, que non produce oxixeno, na que utilizan lonxitudes de onda da luz que non absorben outros organismos fotosintéticos. Hai varios tipos de bacterioclorofilas característicos de diferentes grupos de bacterias, como se resume na táboa:
Pigmento Grupo bacteriano Máximo de absorción infravermella in vivo (nm) Bacterioclorofila a Bacterias púrpuras, Heliobacterias, Bacterias verdes do xofre, cloroflexos, Chloracidobacterium thermophilum 805, 830-890 Bacterioclorofila b Bacterias púrpuras 835-850, 1020-1040 Bacterioclorofila c Bacterias verdes do xofre, cloroflexos, C. thermophilum 745-755 Bacterioclorofila cs Cloroflexos 740 Bacterioclorofila d Bacterias verdes do xofre 705-740 Bacterioclorofila e Bacterias verdes do xofre 719-726 Bacterioclorofila f Bacterias verdes do xofre (actualmente só se atopou por medio de mutacións, pero podería existir na natureza) 700-710 Bacterioclorofila g Heliobacterias 670, 788
As bacterioclorofilas a, b, e g son bacterioclorinas, o que significa que as súas moléculas teñen un anel macrocíclico de bacterioclorina con dous aneis pirrol reducidos (B e D). As bacterioclorofilas c, d, e, e f son clorinas, o que significa que as súas moléculas teñen un anel macrocíclico de clorina cun anel pirrol reducido (D). 540px|miniatura|center|Estruturas químicas comparadas da porfina, clorina, bacterioclorina, e isobacterioclorina. Nótese a recolocación do dobre enlace C=C entre os dous isómeros da bacterioclorina. Hai dous electróns π (simbolizados por π e-) en cada dobre enlace no macrociclo.
Notas
Categoría:Fotosíntese Categoría:Pigmentos fotosintéticos Categoría:Tetrapirrois
de:Chlorophylle#Chemische Struktur bei anoxygenen Phototrophen: Bakteriochlorophylle (Bchl)