A eparquía de Bratislava (en latín: Eparchia Bratislaviensis) é unha sé da Igrexa Católica Bizantina Eslovaca sufragánea da arquieparquía de Prešov. En 2012 estaba integrada por 14.941 bautizados. O seu eparca actual é Peter Rusnák.
Territorio A eparquía ten xurisdición sobre os fieis de rito bizantino do occidente e do centro de Eslovaquia, nas rexións de Bratislava, Trnava, Nitra, Trenčín, Žilina e Banská Bystrica.
A sé eparquial está na cidade de Bratislava, onde está a Catedral da Exaltación da Santa Cruz.
O territorio está dividido en 15 parroquias, agrupadas en 4 protopresbiterados (equivalentes aos arcediagados latinos): Bratislava, Banská Bystrica, Nitra e Žilina.
Historia A eparquía foi erixida o 30 de xaneiro de 2008 coa bula Complures saeculorum do papa Bieito XVI, en territorios da eparquía de Prešov, que á súa vez foi elevada ao rango de arquieparquía metropolitana.
Episcopoloxio Peter Rusnák (30 de xaneiro de 2008 - 6 de marzo de 2026, retirado) Milan Lach (nomeado o 6 de marzo de 2026).
Ligazóns externas Páxina web oficial Perfil en Catholic-Hierarchy.org
Categoría:Divisións territoriais católicas en Eslovaquia Categoría:Divisións territoriais da Igrexa católica bizantina eslovaca Categoría:Eparquías católicas