Carlos Pérez Fachal, nado en Ferrol cara a 1903 e finado na mesma cidade o 18 de agosto de 1936, foi un político e xornalista galego.
Traxectoria Electricista da construción naval. Dirixiu o semanario Renovación. Militante do PCE. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e estivo preso na Escollera do Arsenal. O 18 de agosto, xunto con outros trece detidos foi levado pola policía e os falanxistas ao Monte San Felipe, onde foron asasinados coa desculpa da aplicación da "lei de fugas".La Voz de Galicia, 20-8-1936, p. 7. Notas
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Finados en 1936 Categoría:Nados en 1903 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos