Alfonso de Cal Fernández, nado en Ferrol cara a 1877 e finado na mesma cidade o 9 de novembro de 1937, foi un avogado, xornalista e político galego.

Traxectoria Fillo de Manuel de Cal. Foi fiscal de Ferrol (1913) e presidente do Comité romanonista ferrolán (1915). Colaborou en Diario Ferrolano, Estudios Gallegos, El Noroeste e Acción Coruñesa e dirixiu El Correo Gallego en 1913.Diario de Galicia, 7-11-1913, p. 3. Na ditadura de Primo de Rivera foi tenente de alcalde de Ferrol. Na Segunda República foi alcalde de Valdoviño de forma alterna en 1931, 1932 e 1934. Cambiou a Casa Consistorial de Pazos a Lanzós. Foi presidente de Unión Republicana de Ferrol e dirixiu o semanario Renovación en 1936. Tamén colaborou en El Pueblo Gallego. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado en Ferrol por rebelión con José Eiroa Mosquera, sendo condenado á pena de morte. Foi executado na Punta do Martelo do Arsenal o 9 de novembro de 1937.

Vida persoal Casou en Ferrol con Mª Asunción Iribarne Garay en 1906.Diario de Pontevedra, 12-11-1906, p. 3.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Alcaldes anteriores do concello de Valdoviño

Categoría:Alcaldes de Valdoviño Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Xornalistas de Ferrol Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Finados en 1937 Categoría:Nados en ano descoñecido