Pedro Acacio Sandoval, nado en Villarrobledo (provincia de Albacete) en 1870 e finado na mesma localidade o 28 de xullo de 1936, foi un político español. Pertencía a unha das familias acomodadas desa localidade. Foi propietario do Diario de Albacete, deputado agrario en 1933 e posteriormente deputado da CEDA.Libro Presidentes
Traxectoria Durante o seu primeiro período de actividade política foi monárquico conservador, e presidiu a Deputación de Albacete entre o 4 de maio de 1915 e o 1 de maio de 1917.
O 29 de xaneiro de 1931 tomou posesión como concelleiro de Villarrobledo, localidade da que chegou a ser alcalde. Coa chegada da II República presentouse a deputado nas Cortes como agrario independente, non resultando elixido. Porén, en 1933 conseguiu un escano logo de presentar a súa candidatura pola Unión Agraria Provincial. Nas eleccións de 1936 foi reelixido como candidato de CEDA xunto a Antonio Bernabeu Yeste, de Acción Popular, e Mateo Sánchez Rovira, do Partido Agrario, dentro da candidatura do Centro Dereita.
Finou asasinado nos inicios da guerra civil española, fusilado no camposanto de Villarrobledo a noite do 27 ao 28 de xullo de 1936. Vida persoal
Casou con Mery de la Peña Acacio.
Notas
Categoría:Nados en Villarrobledo Categoría:Asasinados polo bando republicano Categoría:Nados en 1870 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Personalidades sen imaxes