Simónides - ou, máis correctamente, Semónides de Amorgos - (Σημωνίδης ο Αμοργίνος, Illa xonia de Samos, nado no século -VII e finado no século -VI, foi un poeta iámbico grego, considerado, xunto con Arquíloco, o creador da sátira grega, aínda que o obxecto dos seus ataques é máis xeral no caso do primeiro que neste. Traxectoria Naceu na illa de Samos pero, marchou á veciña de Amorgos como dirixente dunha colonia, segundo a Suda.
Escribiu dous libros de iambos ou sátiras e algunhas elexías. Consérvanse deles 29 fragmentos, o máis extenso dos cales é unha sátira misóxina: «O home non pode coñecer bendición máis grande que unha boa esposa, nin peor maldición que unha mala». Afirma das malas mulleres que son sucias como porcos, astutas como raposos, mexericas como cans, tan apáticas como a terra, tan caprichosas como o mar, tan obstinadas como os asnos, tan incontinentes como as donicelas, tan orgullosas como as eguas de puro sangue ou máis feas que un mono; pola contra, as boas mulleres son tan hacendosas e melíferas como as abellas. Véxase tamén Bibliografía Juan Manuel Rodríguez Tobal: El ala y la cigarra. Fragmentos de la poesía arcaica griega no épica. Edición bilingüe. Hiperión, Madrid, 2005.
Ligazóns externas Semónides de Amorgos: Sobre as mulleres. Texto francés, con anotacións neste idioma, no sitio de Philippe Remacle (1944 - 2011). Semónides de Amorgos: Iambo das mulleres. Textoinglés no sitio de The Stoa Consortium. Comentario del Yambo de las mujeres: en español, en Scribd. Textos de Semónides en grego, no sitio da Bibliotheca Augustana (Augsburgo). Elexía: texto. Iambos.
Categoría:Poetas de Grecia Categoría:Lírica Categoría:Escritores da literatura clásica Categoría:Escritores en lingua grega