Juan Ramón Somoza Vázquez, nado en San Cosme de Barreiros (Barreiros) e finado en Lugo o 12 de marzo de 1927, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria Estudou no Seminario de Mondoñedo. Foi membro do Grupo Republicano Federal de Lugo. A finais do século XIX exiliouse en Cuba. Na Habana coñeceu a Manuel Curros Enríquez e colaborou no Diario de la Marina e El Comercio, publicou artigos en Galicia (1902 a 1905), da que foi xefe de redacción. Fundou o semanario La República Española e dirixiu o semanario España Republicana en América (1904). Na Habana publicou Horas de ocio (1905). Trasladouse a Lugo en 1906, onde foi xefe de Obras Públicas, e continuou o seu labor como xornalista: colaborou en La Alborada, Alma Gallega, Aires da Miña Terra, El Eco de Galicia e El Regional, La Ilustración Gallega e Revista Gallega, dirixiu La Democracia, foi redactor de El Progreso, El Norte de Galicia e redactor xefe de La Provincia. Moitas das súas colaboracións están asinadas como Juan R. Somoza. Tamén utilizou os pseudónimos Marqués de Barreiros, San Cosme e Pardo de Cela. Finou o 12 de marzo de 1927.Necrolóxica en La Provincia, 13-3-1927, p. 1.
Obras Horas de ocio, A Habana, 1905. Colectánea de artigos, con prólogo de Curros Enríquez. Miscelánea. Colección de artículos literarios, 1908. Serpentinas. Crónicas, impresiones literarias, notas de arte, cuentos, impresiones de viaje, Lugo, 1910. Semblanzas, Lugo, 1915. Dous volumes, con prólogo de Xesús Rodríguez López e epílogo de José Adrio Menéndez. Mis devociones, 1920, 54 pp. Con introdución de José Adrio Menéndez.
Vida persoal Casou con Celsa Amieiro e foi pai de Juan Ramón Somoza Amieiro.
Biblioteca virtual
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Fernández, Martín (24/1/2016). "La prensa de A Mariña en la emigración" La Voz de Galicia
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Barreiros Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Nados en Barreiros Categoría:Finados en 1927 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Nados en ano descoñecido