Jane Quigley, nada en Boston (Massachusetts) o 28 de outubro de 1939 é unha actriz estadounidense, coñecida como Jane Alexander.
Traxectoria Descubriu o seu interese na interpretación cando estaba na escola. Persuadida polo seu pai de que estudase na universidade antes de iniciar esa carreira, asistitu ao Sarah Lawrence College, onde, ademais de concentrarse no teatro, estudou matemáticas.
O primeiro papel no que destacou foi en 1967 na obra The Great White Hope, de Howard Sackler en Washington, D.C.. Xunto co outro protagonista, James Earl Jones, tamén interpretou o papel en Broadway e na versión cinematográfica, conseguindo a primeira das catro candidaturas ao Oscar.
Participou tamén en series de televisión e telefilmes.
Filmografía + Cinema Ano Título 1970 The Great White Hope 1971 A Gunfight 1972 The New Centurions 1976 Tódolos homes do presidente 1978 The Betsy 1979 Kramer contra Kramer 1980 Brubaker 1982 Night Crossing 1983 Testament 1984 City Heat 1987 Sweet Country 1987 O baile da colleita 1989 Glory 1999 As normas da casa da sidra 2002 Sunshine State 2002 The Ring 2006 Fur 2007 Feast of Love 2008 Gigantic 2009 The Unborn 2009 Terminator Salvation 2011 Dream House 2013 Mr. Morgan's Last Love
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Entrevista (13 de agosto de 2000)
Categoría:Actores de Massachusetts Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Boston, Massachusetts Categoría:Nados en 1939